Unha viaxe no tempo para coñecer a historia e patrimonio da Pobra

23 Setembro 2019

20190923. Por segundo ano consecutivo, chegan as xornadas A Pobra do Caramiñal no tempo a tarde do 28 e a mañá do 29 de setembro. A misión desta cita reside en dar a coñecer a historia e patrimonio da vila. Desta maneira, amplíanse os días de duración respecto da edición pasada. Ao acto de presentación asistiron o alcalde pobrense, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; e o bibliotecario, José Carlos Vidal.

A edil manifestou que “como toda actividade, vai crecendo e este ano lle vamos dedicar dous días.” Unha edición que inclúe unha visita polos cruceiros do municipio o domingo 29, de 10.00 a 13.00 horas, trasladando aos asistentes aos séculos XVI e XVII contemplando os cruceiros de Santa Cruz, Xunqueira e A Mercé, entre outros. Patricia Lojo sinalou que o guía desta viaxe no tempo será Juan Cabeza, escultor que reconstruíu o cruceiro da praza de Galicia. Parte do traxecto transcorrerá a pé e, para aqueles lugares máis afastados, disporase de autobús gratuíto. Por esta razón e co obxectivo de estimar as prazas que se precisan para o desenvolvemento da actividade, os interesados deberán anotarse na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ou a través do enderezo electrónico culturapobra@gmail.com.

Pola súa parte, o bibliotecario José Carlos Vidal indicou que, o sábado 27, terán lugar catro conferencias, dúas das cales versarán sobre escavacións arqueolóxicas no concello -a do Mosteiro de San Xoán, en A Miserela, e a do Folgoso Vello- impartidas por Ezequiel Lago e Ramón Fábregas; unha de patrimonio inmaterial -toponimia- con Martínez Lema; e outra relativa a patrimonio material -cruceiros- a cargo de Juan Cabeza dispoñendo de maquetas e “vai ser unha charla diferente ao que solemos ver porque non é precisamente un historiador documentalista, senón canteiro, entón vai tocar diferentes aspectos da tipoloxía, as técnicas de construción e despois vaise centrar no escultor Xoán de Santiago.” Os coloquios comezarán ás 16.30 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán, finalizando ás 21.00 horas. Será nesta ocasión cando se repartan entre os asistentes os 140 exemplares dunha ilustración feita por Bernal, numerados e asinados.

Na súa intervención, o rexedor expresou o seu agradecemento aos conferenciantes e organizadores deste evento que “empezou o ano pasado con moito éxito, as primeiras xornadas, e por iso lle imos dar continuidade.” Entre os obxectivos marcados figuran “dar a coñecer todo o patrimonio cultural da Pobra, desde o arquitectónico ata o inmaterial, e que a xente saiba valorar todo o que temos”, pois “o coñecemento fai que se chegue ao aprecio e o aprecio fai que se apoien as iniciativas para a súa recuperación, que para nós é moi importante.” Finalmente, convidou á veciñanza a participar.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.