A Pobra celebrará unha xornada festiva e divulgativa con motivo da recuperación do cruceiro na praza de Galicia

12 Agosto 2019

20190812. Con motivo da reposición do cruceiro da praza de Galicia, o Concello da Pobra do Caramiñal organiza para o mércores 14 unha xornada de posta en valor do patrimonio. Deste xeito, celebrarase un acto festivo e outro divulgativo. O primeiro deles terá lugar de 20.00 a 21.00 horas, coa agrupación Caramiñas e Caraveiros que partirán da alameda percorrendo os emprazamentos peonís ata a praza onde se atopa o cruceiro. Neste lugar, praza de Galicia, haberá música e bailes tradicionais, así como breves intervencións da Alcaldía e da Concellería de Cultura. Mentres tanto, a segunda parte será de 21.00 a 22.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán, coa conferencia Un cruceiro entre vilas – Praza de Galicia que contará con dúas intervencións de sino complementario: Os avatares da historia, a cargo de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán; e O proceso recuperador por Juan Cabeza Quiles, mestre en escultura artística en pedra. Ademais, a sesión irá ilustrada pola proxección de fotografías de Abelardo Soler Torrente sobre o proceso de recuperación deste ben cultural e simbólico. Así o deron a coñecer o alcalde pobrense, Xosé Lois Piñeiro, e o director do Museo Valle-Inclán e funcionario que no seu momento fixo o proxecto de recuperación, Antonio González Millán.

González Millán sinalou que este cruceiro levaba máis de 150 anos perdido, polo que se levou a cabo un proxecto que levaba tempo preparado, encargándose a corporación actual de recuperalo. Así, ano e medio atrás fixéronse previsións orzamentarias para poder materializalo. A iniciativa xurdiu porque “había datos históricos desde o século XVI que na praza do Cruceiro, como se chamaba antigamente, actual praza de Galicia, existía un ben deste tipo.” Dita peza acabou perdéndose en 1878 e foi posible recuperar os distintos fragmentos grazas á colaboración da veciñanza e ao traballo do escultor Juan Cabeza Quiles. Tamén manifestou a importancia deste monumento pois separaba Deán do Caramiñal e “delimitaba dúas parroquias: Santiago do Deán e Santa María A Antiga.”

Pola súa parte, o rexedor expresou que con esta acción pretenden poñer en valor o patrimonio, co cal seguirán traballando neste eido. Así mesmo, apuntou que “é un valor tremendo cultural e para a nosa propia xente, sempre está o valor como recurso turístico, pero eu creo que neste caso ten unha tremenda importancia pola súa historia tan interesante do que significaba para os veciños e veciñas.”

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.