Somos iguais, de Raquel Queizás, este mércores para a rapazada de Ribeira

18 Setembro 2019

20190918 A igualdade é un tema do que non se pode deixar de falar, polo menos até que se consiga de facto, e vai ligada a outra cuestión, a loita contra a violencia de xénero, que debe estar sempre presente até que se erradique e se faga desaparecer da nosa sociedade. Tendo en conta isto, a actividade cultural que prepara hoxe o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira vén máis a conto ca nunca. Trátase do espectáculo Somos iguais (Contos pola igualdade), de Raquel Queizás, para nenas e nenos de 3 a 12 anos coas súas familias. A cita é ás 18.00 horas e a entrada é libre e de balde. A actividade vén da man do Concello ao abeiro do programa Ler Conta Moito da Xunta.

A obra Somos iguais lévanos a un intre da vida de Queliña, unha rapaza que quere ser aviadora e á que lle gusta vivir aventuras e contar relatos, historias que veñen a ela e historias que ten que procurar: nenas e nenos que rompen os estereotipos de xéneros, de nenas decididas e nenos sensíbeis, de violencia ou agresividade que desaparecen co poder da palabra, etc.

Raquel Queizás (Queirugas, Verín) é unha escritora e contacontos apaixonada pola narración oral, as historias tradicionais galegas, a lectura e o teatro. É actriz, monicrequeira, filóloga (Universidade de Santiago, 1998), e sobre todo, contadora de historias. O seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.