Rianxo e Lousame súmanse á limpeza fluvial simultánea de Móllate polos Ríos

25 Setembro 2019
Cartaz de concellos participantes lanzado polo Concello de Ames

20190925 O Concello de Rianxo e os seus colectivos medioambientais atópanse entre as entidades que colaboran na vindeira edición (a número doce) de Móllate polos Ríos, a xeira colectiva de limpeza fluvial coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA. Tal e como sinalamos os días pasados dende este medio, a actividade rianxeira centrarase no río Te, que o ano pasado foi incluído no labor de limpeza multitudinaria e simultánea. Nela, segundo fai saber a asociación ADEGA no seu balance 2018 (en PDF), tiveron parte activa 10 voluntarias/os, que recolleron uns 25 quilos de residuos. A nova quedada fluvial (na que participan centos de persoas e concellos de toda a nosa xeografía) será este domingo 29 de setembro.

O Proxecto Ríos, do que forma parte Móllate polos Ríos, é un programa de educación e voluntariado ambiental que ten a finalidade de “dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación”.

Para máis información sobre as citas programadas (e as que están por programar, posto que é ben posíbel que haxa incorporacións, de Barbanza e do resto da xeografía galega), cómpre visitar a web de Proxecto Ríos.

Amais de Rianxo, tamén participará outro concello da nosa comarca na quedada de limpeza colectiva: o concello de Lousame, da man da Sociedade Histórica Coluna de San Fins. O teléfono de contacto é 622 312 831.

No caso da actividade de Rianxo, o contacto para a marcha medioambiental é o voluntario Quique, co seguinte teléfono de contacto: 981 860 808.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.