Malo Será! fai parada este domingo no Auditorio de Rianxo

04 Setembro 2019

20190904 A xira do programa Malo será!, da Televisión de Galicia, fará este domingo 8 de setembro unha recalada no Auditorio de Rianxo, a partir das 20.00 horas, onde gravará un dos programas da súa terceira tempada contando coa presenza, a xeito de incorporación especial ao elenco habitual de actrices e actores, do humorista coruñés David Perdomo. Serán dúas horas de humor “protagonizadas polos mellores cómicos da escena galega”.

Para quen non o saiba, Malo será! é un espectáculo gravado en falso directo que achega todo o que rodea á televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. En termos máis concretos, trátase “dun feixe de sketches cómicos” con música en directo e “grandes estrelas da nosa comedia”.

As actrices e actores cos que poderá gozar o público será o noso elenco habitual: Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Cristina Andrade, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Evaristo Calvo, Susana Sampedro, e David Perdomo, que, como dixemos ao comezo, únese como convidado especial.

Segundo informa a produtora do programa, Tex45 Producións, as entradas pódense mercar desde 10 euros a través de Ataquilla.com.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.