JEALSA impulsará dúas novas fábricas en Brasil

19 Setembro 2019
Sinatura do acordo/ Foto:ASCOM/ Governo do Ceará

20190919 A visita dos representantes do Estado de Ceará (Brasil) ás dependencias en Bodión (Boiro) de JEALSA Rianxeira, unha xuntanza institucional e comercial da que falamos polo miúdo en O Barbanza, foi finalmente a formalización oficial dunha colaboración que vai frutificar en proxectos concretos da conserveira galega alén do Atlántico. En termos máis detallados, durante a reunión na sede de JEALSA (na que participaron o gobernador de Ceará, Camilo Santana, e o presidente da empresa boirense, Jesús Manuel Alonso) asinouse un acordo para construír dúas novas fábricas de JEALSA no devandito estado brasileiro, a engadir á firma filial que a conserveira xa ten en marcha naquelas terras: Robinson Crusoe Foods.

A empresa de Boiro investirá nos dous novos proxectos, moi centrados na conserva de atún e de sardiña, uns 22,1 millóns de euros. A previsión é xerar uns 750 postos de traballo directos. Durante a xuntanza, o gobernador de Ceará, expresou o seu convencemento nas consecuencias positivas que van ter os acordos, que, segundo dixo, “traerán máis empregos e desenvolvemento”. JEALSA, pola súa banda, salientou a relevancia dos proxectos porque “incrementarán a capacidade de produción da compañía conserveira para atender os mercados internacionais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.