Contacontos, teatro e música tradicional protagonizan o programa cultural desta semana en Boiro

24 Setembro 2019

20190924. O municipio de Boiro será escenario no transcurso desta semana de actividades de carácter cultural para diferentes públicos.

Así, o centro social de Escarabote acollerá o xoves 26, ás 19.00 horas, contacontos para a igualdade a cargo de Marisa Irimia, baixo o título A Pirata Escarlata. Esta actividade, dirixida a cativos con idades comprendidas entre os 4 e 11 anos, pertence ao programa Ler conta moito.

Ademais, Baobab Teatro chega o venres 27, ás 20.00 horas, á Biblioteca municipal de Boiro coa representación teatral Puño Puñete. Trátase dun espectáculo pensado a crianzas de 1 a 7 anos que conta con música en directo, cancións, contos e tradición oral.

Baixo o título Somos iguais, os contacontos da man de Raquel Queizás recalarán na Biblioteca municipal de Boiro o sábado 28, ás 12.00 horas. Dirixida a cativos de 3 a 12 anos, esta cita enmárcase no programa Ler conta moito.

Por outra banda, a partir das 18.00 horas do sábado 28, desenvolverase no campo de San Roque, en Cespón, o III Encontro Tradicional de San Roque, o cal arrancará cun seranciño para proseguir cun serán tradicional e rematando cun concerto de Tanxugueiras. Tamén haberá xogos populares, sorteos, churrasco e sardiñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.