Condenado a dous anos e medio de prisión e a pagar indemnizacións o mariscador que orixinara un alternado na Confraría de A Pobra

24 Setembro 2019

20190924. A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña ditou sentenza sobre o caso do mariscador que orixinou un altercado na Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal en xuño de 2016, resultando agredidas varias persoas, entre elas, a secretaria do pósito a quen deixou cega dun ollo ao rebentarlle o globo ocular.

No fallo, condénase ao acusado a unha pena de dous anos e seis meses de cárcere como autor responsable dun delito de lesións cun delito de lesións agravadas cometidas “por imprudencia.” Así mesmo, procédese á súa inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo polo tempo da condena.

Ademais, sinálano como autor responsable de dous delitos leves de lesións, polo que deberá aboar durante dous meses unha multa cunha cota de 9 euros por cada un destes delitos.

Tamén deberá indemnizar á secretaria coa cantidade de 105.933’52 euros, máis o interese legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data da resolución e a cantidade que se determine na fase de execución de sentencia, ao que hai que sumar os 22.382’22 á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal e os 39 euros a cada un dos vixilantes, así como abonar os custes procesuais, incluíndo os da acusación particular.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.