Axóuxere lanza Vir a menos, a relectura do nihilismo de Brais Arribas

05 Setembro 2019
Processed with VSCO with a6 preset

20190905 A editorial rianxeira Axóuxere está a presentar estes días outra importante novidade que incorporar ao seu catálogo, o novo elemento dun amplo programa estival de actividades do que fomos dando conta ao longo destes meses (por exemplo os obradoiros literarios das escritoras da residencia Axóuxere, a súa participación na Feira do Libro de Rianxo ou a presentación-publicación de Na defensa dos animais, de Óscar Horta). Agora, o catálogo do selo vén de incrementarse con Vir a menos. Crítica da razón nihilista, do filósofo ourensán Brais Arribas.

Trátase dunha obra que, partindo dunha relectura do nihilismo clásico, reformúlao, revísao e recupérao dun novo xeito e “conforma unha vía de pensamento que, transitando desde a ontoloxía até a economía, abre camiño para confrontar o exceso da razón hexemónica”. Ou sexa, a teima de enxalzar o desenvolvemento e a importancia do home por enriba de todas as cousas, unha teima que segue a coller novos azos grazas á suba do neoliberalismo e, que de pensalo devagar, non ten carrexado beneficio algún para o conxunto da humanidade e do planeta (están na orixe dos desastres medioambientais nos que estamos mergullados). O libro leva un prólogo de Teresa Moure.

Segundo fai saber a editorial, un dos grandes puntos fortes da obra é o seu particular achegamento ao concepto do nihilismo, “unha das nocións máis controvertidas e tamén máis suxestivas do pensamento contemporáneo”, cuxo atractivo reside en parte na súa ambigüidade e na súa riqueza significativa, que abre a porta á construción de esquemas teóricos e códigos morais que poden chegar a ser radicalmente opostos entre si”, algúns deles dotados de certas connotacións negativas adquiridas ao longo do tempo. A aposta de Brais Arriba pasa por “concibir o nihilismo dun xeito diferente, ancorado nas condicións de existencia presentes e cun potencial crítico se cabe maior có tradicional”.

Para quen queira achegarse aos contidos expostos en Vir a menos, Axóuxere permite ler un fragmento da obra dende a Rede.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.