Axóuxere ofrece un agosto de obradoiros literarios

05 Agosto 2019

20190805 Axóuxere, o selo editorial de Rianxo, está a depararnos un verán completo de actividades. Ás salientábeis novidades editoriais destes meses (das que falamos ao detalle dende O Barbanza) e á reactivación da súa Residencia de Escritores na aldea de Brión, cómpre engadir os obradoiros previstos pola editorial para este mes de agosto: obradoiros para axudarnos na nosa aventura de reflexionar criticamente sobre o que nos rodea e de extraer, deste proceso vital, a mellor literatura. As actividades formativas virán da man da escritora María Ovelar e a investigadora Marina García López, dúas das cinco residentes da casa literaria de Axóuxere, edición 2019 (de agosto a setembro). A primeira falaranos dos libros infinitos e a segunda do papel cultural de Rianxo no mundo.

Os obradoiros, que se desenvolven conxuntamente co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, teñen o nexo común de alentar a creatividade na escrita e encarreirala da mellor maneira posíbel. María Ovelar ofrecerá un obradoiro de literatura, Palabra de escritor, entre a tarde do venres 16 e o domingo 18 de agosto, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora, en Brión. Así mesmo, ofrecerá a conferencia A literatura é redonda. Sobre os libros infinitos e a circularidade do tempo narrativo, o venres 16 de agosto ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

Pola súa banda, Marina García López achegará un seminario de pensamento, De Rianxo para o mundo. Análise e aportes da obra gráfica galega de Castelao e Eduardo Dieste no río da Prata, entre a tarde do venres 23 e o domingo 25 de agosto, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Tamén ofrecerá a conferencia Modernidade na pegada gráfica de Castelao e Eduardo Dieste, o venres 23 de agosto ás 20 horas na Casa Museo de Rafael Dieste.

A participación nos obradoiros é de balde pero faise preciso inscribirse previamente. Para formalizar a nosa praza hai que enviar un correo a info@axouxerestream.com co asunto “Inscrición ao obradoiro de María Ovelar / Marina García López”, segundo corresponda; no caso de inscribirse nos dous sinalar os dous nomes. Ou ben chamar aos teléfonos 981 860 371 / 634 532 896 / 650 843 761, sendo a data límite un día antes de cada un dos obradoiros: 15 de agosto para o de María Ovelar, 22 de agosto para o de Marina García López.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...