As dúas distancias do Trail Castelo de Vitres percorrerán o entorno de Boiro

17 Setembro 2019

20190917. A sexta edición do Trail Castelo de Vitres chega a Boiro o domingo 22, percorrendo os montes do municipio. Ao acto de presentación asistiron o alcalde boirense, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; e os directivos do Club Tribu Trail, Héctor Lorenzo e Xosé María Rodríguez.

Como novidade, esta cita contará con dúas distancias para que aquelas persoas que se acaban de introducir no mundo deste deporte se animen a participar, mantendo así “a esencia dunha carreira dura de montaña e a esencia dunha carreira icónica xa no mundo do trail galego e, incluso, nacional”, tal e como manifestou Héctor Lorenzo. Deste xeito, haberá a clásica de 26 quilómetros, con 1600 metros positivos, e outra de 15 quilómetros, con 700 metros positivos. Ambas distancias sairán do polideportivo de Santa Baia, establecendo a hora de marcha ás 09.30 horas para a longa, mentres que ás 10.00 horas será para a curta. Ademais, haberá sete puntos de avituallamento distribuídos ao longo do percorrido, os cales ofrecerán tanto sólidos coma líquidos. Así mesmo, este evento deportivo contará con colaboradores situados en diversos emprazamentos e unha ambulancia en Mosquete co obxectivo de atender incidencias que se poidan producir.

Unha vez remata a carreira, ao redor das 14.30 horas, procederase á entrega dos premios. Xosé María Rodríguez expresou que “vamos valorar a tódolos participantes, non só aos que queden nos postos de podio.” Desta maneira, entregaranse os mesmos agasallos a tódolos corredores con independencia da categoría e do resultado, así como medallas conmemorativas. Tamén haberá degustación de paella.

O edil Marcos Fajardo sinalou que os deportistas desfrutarán, a pesar da “dureza que conleva a carreira, dun entorno moi bonito.” Polo tanto, animou á xente a formar parte e afirmou que, desde o Concello, “estamos fomentando todo tipo de deportes.”

Na súa intervención, o rexedor José Ramón Romero expresou o seu agradecemento ao Club Tribu Trail polo seu traballo e indicou que o evento transcorre “por un entorno envexable, que é o noso monte, e por todos os sendeiros de Boiro e remata no Castelo de Vitres, onde se pode contemplar toda a ría de Arousa.”

Os interesados poden inscribirse na páxina web www.galitiming.com, dispoñendo de prazo ata o xoves 19, ás 00.00 horas. Polo de momento hai 120 participantes, pero desde a organización estiman que esta cifra se achegue aos 200.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.