Arousa Norte concéntrase contra o feminicidio de Valga

17 Setembro 2019
Concentración en Boiro

20190917. Os Concellos de Arousa Norte sumáronse ás concentracións para expresar a súa repulsa polo triplo feminicidio de Valga acontecido na mañá de onte, cando un veciño de Ames asasinou á súa ex-muller, ex-sogra e ex-cuñada diante dos cativos, no momento en que estes se dispoñían a ir ao colexio.

En Ribeira e Boiro, as xuntanzas populares desenvolvéronse ás portas dos consistorios e, no transcurso das mesmas, gardouse un minuto de silencio na memoria das vítimas. A Pobra fará o propio esta mesma tarde, ás 20.00 horas, no Cantón da Leña; mentres que en Rianxo será mañá, ás 20.00 horas, na praza Castelao.

Tamén a asociación Mulleres en Acción convoca un acto para mañá, mércores 18, ás 20.00 horas, na praza do Concello de Ribeira.

Concentración en Boiro
Concentración en Ribeira
Concentración en Ribeira

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.