A Xunta destaca o traballo do colexio de Abanqueiro pola súa implicación no modelo plurilingüe

23 Setembro 2019

20190923. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, no municipio de Boiro, un centro dos máis veteranos no modelo plurilingüe, ao que se incorporou no ano 2001. Neste contexto, a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia anunciou que este ano se incorporan ou amplían o modelo plurilingüe -nas modalidades de centros plurilingüe en Primaria ou ESO, PlurInfantil, PluriBach ou PluriFP- un total de 69 centros educativos de toda Galicia.

Deste xeito, no territorio galego hai xa 377 centros con plurilingüismo en Primaria ou ESO -ou en ambas etapas-, 171 con PluriInfantil -que contan tamén, na súa maioría, con plurilingüismo en Primaria-, 13 con PluriBach -que tamén pode ser combinado con outra etapa- e 23 imparten ciclos formativos de FP nalgunha lingua estranxeira. A maiores, as seccións bilingües increméntanse este curso ata chegar a un total de 4.647 en 727 centros educativos.

Así, a Consellería aporta un total de 617 auxiliares de conversa neste ano académico para aos 110.000 estudantes que cursan neste ámbito.

Esta acción enmárcanse na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a tódalas etapas educativas e facilitar que o alumnado poida acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Ata hai tres cursos, a ensinanza plurilingüe estaba implantada nas etapas obrigatorias, é dicir, Primaria e Secundaria, pero desde o curso 2017-2018 ábrese tamén a Infantil, Bacharelato e Formación Profesional.

Durante a súa visita ao centro boirense a conselleira felicitou á comunidade educativa polo seu traballo ao redor do modelo plurilingüe, así como pola súa implicación noutras iniciativas impulsadas pola Consellería, tales coma os contratos-programa.

O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro desenvolveu o pasado curso as liñas 1 e 2 dos mesmos. A primeira liña, de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA), busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Pola súa banda, a liña 2 céntrase nas accións para a Mellora das competencias clave, en especial da matemática. O desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da comunicación lingüística e/ou competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...