A praia de Cabío, referente en turismo náutico accesíbel

12 Setembro 2019

20190912 A estación náutica Palmira Scuba en A Pobra do Caramiñal acolleu o 9 de setembro a presentación do proxecto europeo SANA (acrónimo, en esperanto, de Sporto Adaptita Naturo Naŭtika), que ten por finalidade optimizar a oferta de deportes de natureza para colectivos con diversidades funcionais e favorecer o derrube de muros de exclusión. Na presentación da iniciativa, da que dimos conta en O Barbanza, participaron a entidade galega COGAMI (que conta con dous usuarios, Nieves Gayoso e Leopoldo Gato, integrados no proxecto e mellorándoo coas súas experiencias), a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, o coordinador da área de Accesibilidade de COGAMI, Álvaro García, o presidente de Agan+, e o xerente da empresa Palmira Scuba, Manuel Soliño.

SANA ten como socios a representantes de Francia, Galicia e Portugal.

Na cita presentouse o selo de calidade SANA, unha certificación que sirve para identificar as boas prácticas e os axeitados acondicionamentos daquelas instalacións deportivas adaptadas plenamente aos colectivos de persoas con diversidades funcionais ou de calquera outra índole. Asemade, púxose o foco na importancia do proxecto para promover internacionalmente o turismo galego, favorecendo a súa identificación cos sectores máis avanzados do mundo en materia de accesibilidade.

Durante a tarde, na praia de Cabío, practicaron a navegación en kaiaks adaptados e táboas de paddle surf, actividades que estiveron coordinadas pola empresa Alecrín Actividades e Aventura.

Na xuntanza tamén se deron a coñecer os integrantes (media ducia) do equipo SANA Galicia que vai participar no desafío deportivo que comeza o 21 de setembro na Bretaña francesa para participar en actividades náuticas e terrestres adaptadas, ao abeiro do Desafío SANA e durante unha semana enteira (sete días para experimentar o mar sen atrancos á accesibilidade).

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.