Galicia impulsa coa Bretaña francesa e Portugal o deporte náutico adaptado no proxecto SANA

09 Setembro 2019

20190909. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou a importancia de iniciativas coma o proxecto europeo SANA para pór en valor os destinos naturais, culturais e náuticos de Galicia como rumbos accesibles e integradores. Así o manifestou na presentación desta iniciativa que ten como socio en Galicia á Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) e na que tamén participan entidades da Bretaña francesa e do norte de Portugal.

Este proxecto, financiado con fondos europeos a través do programa ERAMUS+, busca mellorar a oferta de deportes de natureza, tanto náuticos coma terrestres, para persoas en situación de discapacidade coa finalidade de promover a súa inclusión social. Para iso, tamén conta con colaboradores coma COGAMI, que aporta a súa experiencia na inclusión de persoas con discapacidade.

SANA significa en esperanto “adaptado ao deporte náutico e natural” e inclúe entre as súas accións a creación dun selo de calidade para recoñecer as rutas terrestres, instalacións náuticas e actividades deportivas en xeral que estean adaptadas para persoas con discapacidade. Outra acción do proxecto é a elaboración de material pedagóxico para promover a inclusión nas actividades deportivas, dirixido aos monitores e acompañantes dos deportistas en situación de discapacidade.

A directora xeral explicou que este proxecto se suma a outras iniciativas desenvolvidas en Galicia como Sentir o Mar ou Sensea, esta última enmarcada no proxecto Ecodestin_3IN, que son símbolo da cultura integradora e da accesibilidade, animando ás entidades, profesionais e voluntarios relacionados con este eido a sumarse á iniciativa.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...