A ABE organiza dous cursos de formación superior para empresarios

25 Setembro 2019

20190925. A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) desenvolverá na súa propia sede, durante os dous primeiros xoves do mes de outubro, accións formativas impartidas pola escola de negocios Galicia Business School.

Desde a entidade manifestan que “esta é unha oportunidade única de asistir en Boiro e de maneira gratuíta a dous cursos superiores impartidos polos mellores profesionais do mundo das escolas de negocios.”

Miguel Ángel Souto Fraga será o encargado da primeira das accións formativas, Habilidades dixitais: Digital Selling, que terá lugar o xoves, 3 de outubro, en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. Nesta xornada preténdese dotar, desde unha perspectiva práctica, de competencias dixitais aos asistentes para desenvolver o proceso comercial e a venta apoiándose nas ferramentas que proporcionan os canais dixitais.

Por outra banda, Maite Gómez-Valadés impartirá o curso de Lean Management que se celebrará o xoves, 10 de outubro, en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. O obxectivo é que os participantes coñezan os elementos dunha transformación lean e, a partir dese coñecemento, poidan construír a súa propia metodoloxía para a aplicación da citada técnica á mellora dos procesos e resultados na súa empresa.

Estas accións formativas enmarcase no programa 2018/9 da rede Eusumo da Xunta de Galicia da que a ABE é a única entidade en activo da comarca e a única beneficiaria para a realización de cursos de formación para directivos na presente convocatoria.

Os interesados poden solicitar máis información ou formalizar a súa matrícula a través do enderezo electrónico info@abe.gal, indicando nome, apelidos e empresa. Ademais, existe a posibilidade de anotarse nunha das formacións ou nas dúas, posto que son independentes. As prazas son limitadas e completaranse por orde de reserva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.