Reorganización dalgúns departamentos dentro do Concello boirense

20 Agosto 2019

20190820. Esta semana rematou a reestruturación dalgunhas seccións do Concello de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, deu orde de facer algunhas modificacións tanto no persoal coma nos espazos que estes departamentos ocupan dentro do Consistorio. O rexedor declarou que con estes cambios o que se busca é unha “maior comodidade dos traballadores, para que poidan ter a man todo o preciso para realizar o seu traballo diario.” Así mesmo, engadiu que “estes cambios van supoñer unha mellora nos servizos que se prestan ás veciñas e veciños do municipio.”

Deste xeito, o departamento de Medio Ambiente trasladouse do primeiro andar do Concello a un espazo máis amplo situado na segunda planta. Este cambio na localización vén dado pola incorporación dunha persoa que asumirá as funcións de control e seguridade ambiental no municipio.

Ademais, a Oficina Municipal de Atención ao Consumidor (OMIC), dirixida á defensa e protección dos consumidores, pasa do segundo andar ao primeiro.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.