Rapidez na xestión: Comunicado de Frinsa

30 Agosto 2019

20190830.- Por mor da publicación da alerta sanitaria por parte da Axencia de Seguridade Alimentaria e Nutrición ( AESAN), dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Frinsa desexa manifestar: Que, tras analizalo ocorrido, este feito limítase a unha única lata, dun único lote, que previamente á súa análise abriuse e manipulou. As análises do resto do lote resultaron satisfactorios e así o acreditou a Xunta de Galicia.

Que, a pesar diso, a empresa quere amosar a súa solidariedade coas catro persoas afectadas por este brote, ás cales desexa unha pronta recuperación. Que houbo e hai unha absoluta colaboración entre a empresa e as Autoridades Sanitarias desde que se tivo coñecemento deste caso. Que os controis de calidade e seguridade alimentaria máis estritos están implantados nas instalacións de Frinsa, cumprindo con todos os requirimentos establecidos polas Autoridades Sanitarias. De feito, que os produtos de Frinsa contan coas máximas garantías, máis aló das esixidas legalmente. Que, ademais, a idoneidade dos procesos de elaboración empregados por Frinsa foi acreditada por parte da Administración.

Previamente e tal como afirma FRINSA no comunicado a Xunta inspeccionou a empresa que elaborou o atún de DIA contaminado e non detectou “ningunha anomalía” A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade realizou, despois de recibir a alerta, realizou unha inspección en Frinsa do Noroeste, a empresa provedora das latas de atún comercialidadas como marca branca en supermercados DIA e polas que se decretou un brote de intoxicación alimentaria por toxina botulínica, e non detectou “ningunha anomalía” no tratamento para as conservas, tras verificar os controis de produción e os procesos de esterilización.

Diso informa nun comunicado de prensa a consellería, que indica que despois da notificación por parte da Axencia Española de Seguridade Alimentaria, comezou “con carácter inmediato” a solicitar información “complementaria”, do mesmo xeito que o resto de comunidades requiridas.

A cadea de supermercados DIA retirou o pasado 10 de agosto 3.420 latas de atún en aceite de xirasol de 900 gramos cada unha -é dicir, en formato grande- de forma preventiva tras o aviso dunha posible contaminación de toxina botulínica detectada por parte das autoridades sanitarias. A cadea de supermercados confirmou que foi hoxe cando recibiu a confirmación da presenza de toxina botulínica na análise dunha única lata dun produto fabricado pola conserveira galega Frinsa do Noroeste e do que vende 1,35 millóns de unidades ao ano, isto é, unhas 3.560 por día. O produto afectado é unha conserva de atún en aceite de xirasol de 900 gramos, da marca DIA, pertencente ao lote 19/154 023 02587 con data de consumo preferente 31/12/2022, segundo detallou hoxe a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición ( Aesan) e corroborou a compañía de distribución. O produto foi distribuído a establecementos das comunidades autónomas de Asturias, Castela e León, Cataluña, Aragón, A Rioxa, Murcia, Navarra, Castela-A Mancha e Valencia, onde se procedeu á inmobilización e retirada das latas afectadas, segundo a cadea de supermercados. O brote detectouse tras enfermar catro persoas, das cales tres xa foron dadas de alta, despois de comer unha ensalada rusa caseira elaborada co citado atún.

Saúde Pública realizou na mañá deste venres unha nova inspección “complementaria”, ao recibir a comunicación da axencia da confirmación da presenza de toxina botulínica na mostra do produto aberto e empregado no prato elaborado polos pacientes. Os casos detectáronse en Castela e León e os pacientes foron ingresados no Complexo Asistencial de Salamanca e de Zamora. “Esta visita á industria de hoxe pola mañá tivo por obxecto verificar o mantemento preventivo ao que se somete o autoclave no que se elaborou o lote identificado previamente”, explica Sanidade. O departamento autonómico tamén solicitou á empresa un novo estudo de distribución de temperatura e test de penetración da calor do autoclave implicado, co obxecto de verificar “o correcto funcionamento do mesmo”. Fuentes de DIA apuntaron que a contaminación se ha debido producir na fase de produción, ben na materia prima ou no proceso de esterilización durante o ” latado”.

A cadea de supermercados lamentou os “inconvenientes que puidese causar” e puxo ao dispor dos clientes un teléfono 24 horas (912170453) para atender dúbidas.

Outros artigos

Incendio nunha vivenda na Conlleira, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados ao redor das 11:00 horas desta mañá dun incendio nunha vivenda na Conlleira, no concello de Ribeira. O lume orixinouse nun armario nunha das habitacións e o operativo consistiu na extinción das...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...