Rapazada do campamento urbano do Concello de Boiro desfrutou dunha sesión en ‘Creactivity’

21 Agosto 2019

20190821. Boiro recibiu hoxe o proxecto itinerante Creactivity de Obra Social ‘La Caixa’, dirixido a escolares e familias co obxectivo de aprender a través de disciplinas científico-tecnolóxicas e artísticas.

Durante a xornada de hoxe e mañá, 21 e 22 de agosto, estará instalado na praza de Galicia, diante do Concello, pero o venres 23 repartirase en dous núcleos do municipio. Así, pola mañá estará na praza do Centro Social de Cespón, e pola tarde na rúa Exipto de Abanqueiro.

Ao longo da mañá de hoxe achegáronse uns 30 rapaces e rapazas inscritos no campamento urbano do Concello de Boiro, desfrutando dunha sesión no bus. Alí realizaron un circuíto de 90 minutos con actividades de enxeño, destreza e creatividade. As diversas actividades consisten en desenvolver solucións orixinais para problemas sinxelos utilizando materiais cotiás, ferramentas de baixa e alta tecnoloxía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...