Creactivity chega a Boiro para empoderar tecnoloxicamente á rapazada

19 Agosto 2019

20190819 O concello de Boiro vai recibir esta semana a visita do proxecto itinerante Creactivity, impulsado pola Obra Social La Caixa para facer voar o talento innovador, científico, tecnolóxico e artístico que todas as nenas e nenos levan dentro. A xira, unha xira STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e Maker (argalleira e creativa, baseada no método-principio básico e integrador de Faino coas túas mans), chantará o seu autobús creativo na praza do Concello os días 21, 22 e 23 de agosto.

O vehículo será o centro de operacións dun completo programa de actividades para espertar o enxeño da rapazada, a súa destreza e a súa creatividade. Estas accións van destinadas a escolares de entre 6 e 16 anos, e tamén a grupos familiares. As xeiras terán unha duración de 90 minutos.

Os cativos participarán en obradoiros con materiais cotiás e ferramentas para dar vida ás súas propias ideas. O espazo conta con diferentes áreas para poñer en práctica diversas habilidades como unha zona de mecánica, con engrenaxes, máquinas, bolas e pinballs; unha zona de vento, con tubos por onde flúe o ar; outra de electricidade e unha cuarta de luz, co sistema stopmotion.

A xira Creactivity visitou os días pasados as localidades de Rianxo (até hoxe 19 de agosto), Cedeira, Bueu, Mondoñedo, Carballo, Cangas ou Vilagarcía, entre outras vilas e cidades.

Baseado na metodoloxía de traballo e formación do deseño intelixente (Design Thinking), o espazo Creactivity busca que os participantes realicen creacións e construcións científicas ou tecnolóxicas, xa sexa de forma individual ou colectiva, que respondan os retos suxeridos ou aos seus propios desafíos a través da manipulación, observación e exploración de materiais e fenómenos. O Creactivity inspírase no movemento Tinkering liderado polo Exploratorium de San Francisco.

O obxectivo último do Creactivity é “empoderar aos nenos e nenas para intervir no mundo que lles rodea”. Inspírase, tamén, no movemento mundial argalleiro: o movemento Maker, que defende un xeito colectivo de facer innovación, enxeños concretos que axuden a mellorar a nosa vida e a protexer o medio ambiente potenciando as moitas cualidades que todas as nenas e nenos levan dentro. Trátase da filosofía do “faino ti mesmo” levada ao extremo, en tecnoloxías e ciencia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.