Boiro vivirá unha semana cargada de actividades culturais

20 Agosto 2019

20190820. O municipio boirense albergará ao longo desta semana numerosos eventos cos que desfrutar das xornadas do estío. O primeiro é Creactivity, o cal se desenvolverá os días 21, 22 e 23 de agosto na praza de Galicia, diante do Consistorio. Trátase dun proxecto itinerante que forma parte dun programa de Obra Social ‘La Caixa’, mediante un autobús con actividades que permiten aprender disciplinas científico-tecnolóxicas e artísticas dirixidas a escolares e familias.

Por outra banda, a praia de Barraña servirá de escenario este xoves 22, ás 20.00 horas, para o espectáculo Dona Barriga Verde a cargo de Larraitz Urruzola. Trátase dunha obra de monicreques que integra elementos do noso Barriga Verde con préstamos doutras tradicións europeas. Así, os paisanos, o demo ou a morte atópanse na escena co crocodilo ou o bebé habituais do Punch Inglés. Nesta ocasión a protagonista é unha muller, desafiando as convencións de xénero.

Así mesmo, a praza de Galicia acollerá o venres 23 varias funcións de maxia e ilusionismo a cargo do Mago Antón acompañado de Kiko Pastur. Os horarios serán ás 13.00, 18.00, 19.00, 20.00, 21.00 e 22.00 horas. Cómpre sinalar que é preciso coller as entradas media hora antes de cada espectáculo no propio emprazamento.

Ademais, o sábado 24, ás 11.30 horas, terá lugar na biblioteca municipal situada na Casa da Cultura unha actividade dirixida a cativos de 5 a 8 anos, introducíndoos no eido científico a través de experimentos. As prazas son limitadas, polo que é preciso inscrición previa.

Todas estas citas atópanse enmarcadas dentro da programación da axenda cultural promovida polo Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.