Os concellos de Arousa Norte participan no repunte de Cultura no Camiño

16 Agosto 2019

20190816 A sétima edición do ciclo Cultura no Camiño, impulsado polo Goberno galego (Consellería de Cultura) e os Concellos asociados en cada convocatoria do programa, vai ofrecer até setembro 284 actuacións escénicas e musicais en 76 dos concellos polos que discorren as 10 rutas xacobeas en Galicia. O ciclo que ten este ano un orzamento de 450.000 euros, asumido pola Xunta e mais os concellos participantes para costear os cachés das 127 compañías escénicas e grupos de musica contratados, arrancou en maio e rematará a finais de setembro, aínda que estes días repuntou a súa actividade. Respecto da comarca de Barbanza, o itinerario abrangue A Pobra, Boiro, Rianxo e Ribeira.

Os percorridos xacobeos incluídos son: Camiño de Santiago en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Camiño do Sueste-Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Portugués pola Costa, Camiño Primitivo e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Por provincias, 107 das actuacións teñen lugar en 29 concellos coruñeses; en Lugo, 20 municipios ofrecerán 74 citas; 11 concellos de Ourense achéganlle ao seu público 44 funcións; e en Pontevedra, 16 municipios programan 59 representacións.

No programa participan artistas como Mago Teto, Cayetano Llefó, Martín Camiña, A Banda de Balbina, Aldaolado, De Vacas, Habitación Vudú, Leilía, Rodrigo Romaní, Roi Casal, Silvia Penide, The Lákazans, Xacobe Martínez Antelo, Xoan Curiel, Magín Blanco, Pistacatro, Culturactiva, Redrum Teatro, Baobab, Elefante Elegante, Os Monicreques de Kukas ou Títeres Cachirulo, entre outros.

Este mes de agosto está a ser o de maior actividade dentro do ciclo, con 123 propostas para todos os públicos. Catorce delas serán esta fin de semana, con seis actuacións hoxe venres nas rúas de Boiro (Crunch!, de Muu, ás 12,00 h.), na praza do Concello de Trabada (Pasarrúas máxico, de O Mago Paco, ás 18,00 h.) e na de Riós (Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro, ás 20,00 h.), no Centro Cultural Municipal de Rodeiro (Eu quero ser galega, de De Ste Xeito Producións, ás 20,00 h.), na praza do Corgo do Grove (E se os soños se cumpren!, de O Garaxe Hermenéutico, ás 21,30 h.) e na praza da Vila de Sarria (Odaiko, ás 21,30 h.).

Mañá, sábado 17, será a quenda do Mago Teto, na praza de España da Fonsagrada (17,00 h.), Xoan Curiel, na praza do Camiño de Portomarín (20,00 h.), Culturactiva con Saaabor!, na praza Maior de Xinzo de Limia (20,00 h.), María Faltri Picadiscos, no campo de Vilanova de Allariz (20,30 h.) e Leilía, celebrando o seu 30º aniversario no refuxio de pescadores de Covas, en Negreira (22,00 h.).

Para o domingo 18, Cultura no Camiño ten preparados outros tres concertos: Laroá, no campo de Vilanova de Allariz (19,00 h.), Black, no campo da Igrexa de Cambre (20,30 h.) e A Gramola Gominola, na praza do Concello de Trabada (21,00 h.).

Outros artigos

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

+

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

El cierre del servicio estatal de correos en Dinamarca con más de cuatro siglos dehistoria es una de esas noticias que quedan eclipsadas por la rabiosa actualidad. Sinembargo, su significado es profundo. No se trata solo de una reestructuración logísticade los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.