O Concello da Pobra repartirá cinceiros portátiles na Lombiña, na Illa e na Corna

08 Agosto 2019

20190808 Os nosos concellos estanlle a declarar a guerra as cabichas na praia. Se os días pasados falamos do importante papel que están a xogar ao abeiro da campaña autonómica de praias libres de fume, esta semana puidemos saber das medidas a tomar polo Concello de Ribeira na praia da Coroso e, tamén, das iniciativas que o Concello da Pobra vai levar a cabo na Lombiña e nos areais lindeiros. Respecto deste último caso, a acción consistirá nunha campaña de sensibilización sobre a importancia de non guindar as cabichas nas praias, depositándoas nos acubillos axeitados.

A campaña desenvolverase a pé de praia, o domingo 11 de agosto pola tarde, nas contornas da Lombiña, da Illa e máis da Corna. Repartiranse de maneira gratuíta cinceiros portátiles para evitar o depósito dos refugallos do tabaco nos areais, uns residuos contaminantes que tardan unha chea de anos en degradarse e que presentan, na súa descomposición, importantes riscos para o medio e para a nosa saúde. De feito, sábese que persiste no tempo en micropartículas logo de descompoñerse e que cada filtro do tabaco pode contaminar entre 8 e 10 litros de auga de mar e até 50 litros se se trata de auga doce.

O Concello lembra que no caso de non estarmos nas praias na tarde do domingo, tamén podemos acudir á Casa Mariñeira ou á Oficia de Medio Ambiente do Concello para solicitar o noso cinceiro portátil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.