A ribeirense praia de Coroso contará con puntos de recollida de cabichas

07 Agosto 2019

20190807. O Concello de Ribeira e Asociación AGADEA uniron as súas forzas para promover unha novidosa iniciativa medioambiental consistente na colocación de tres puntos de recollida de cabichas na praia de Coroso co obxectivo de contribuír ao bo estado deste areal.

A idea xurdiu da Concellería de Medio Ambiente que dirixe a edil Elvira Pereira e que se puido materializar tras recadar o apoio altruísta do Centro de Alzhéimer de Ribeira, cuxos usuarios elaboraron os puntos de recollida cos seus correspondentes caldeiros a modo de actividade terapéutica que favorece aspectos como a súa motricidade.

En total, fixéronse 24 caldeiros para depositar cabichas que se van a distribuír en tres zonas de Coroso. A idea é que os bañistas collan e usen estes elementos -pensados para depositar cabichas, pero tamén pipas e outros refugallos- e unha vez rematen a súa estancia no areal os baleiren nunha papeleira e os deixen no seu emprazamento orixinal para que outras persoas poidan empregalos.

De frutificar a iniciativa, sinalou a edil de Servizos Sociais, Ana Ruiz, estenderase a outros areais do municipio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.