Unha decena de areais da comarca son praias sen fume

08 Xullo 2019

20190708 Avanza a loita contra o tabaco nos nosos areais. A listaxe de praias sen fume da comarca de Barbanza non é pequena e, de feito, todos os concellos da contorna contan con algunha praia protexida con esta categoría. Deberan estar máis? Sen dúbida si, tendo en conta varias cousas: porque o tabaco mata, porque o consumo de tabaco na mocidade segue a ser alto e porque segue a haber fumadores (unha parte pequena pero significativa, polo prexudicial que resulta medioambientalmente) que empregan os areais de gran borralleiro natural. Consecuencia: as cabichas quedan na praia, degradándose e contaminando, durante décadas.

As administracións queren tomar medidas, e unha destas medidas é a iniciativa autonómica Praias sen Fume. Boiro, Ribeira e Pobra xa se sumaron á rede. Rianxo fíxoo tamén con todos os seus areais relevantes. O resultado: Rianxo forma parte do grupo de concellos que contan con acreditación de ouro (os que teñen todas as súas praias protexidas).

Praias sen Fume é unha iniciativa da Consellería de Sanidade, pioneira a nivel estatal. A rede comezou a súa andaina no ano 2016, partindo dunha iniciativa do Concello de Baiona de 2012. A día de hoxe está integrada por 141 praias de 64 concellos (podémolo ver neste PDF), unha comunidade que medra cada ano (en 2016 a rede comezou con 26 praias e 19 concellos) e que abrangue non só municipios costeiros, sen tamén do interior, con praias fluviais. A iniciativa ten o obxectivo de educar e sensibilizar sobre os efectos negativos do tabaco, poñendo o foco no seu consumo nas praias, onde non só é prexudicial polo fume causado, senón por rematar, boa parte das cabichas, entre as areas.

Rianxo conta coas seguintes praias adheridas: Tanxil, As Cunchas, Porrón e A Torre. Ribeira ten protexidas as praias de Río-Azor e O Touro, Pobra ten O Areal e Boiro, Barraña e Carragueiros.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.