
Un novo número de “O Barbanza” sae do prelo nunha edición impresa dobre. A publicación que chega o número 59 e 60, xa está en distribución en toda a comarca, trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos de Semana Santa. Nesta edición facemos un parte de obras, proxectos e eventos, adiantamos actividades culturais e de dinamización comercial de cara a este tempo de festas e relixiosidade.
Especial contido neste número á cultura da comarca con artigos e recuperamos o “Prólogo dun libro inédito de Carlos García Bayón” sobre “Xunqueiras, os Gasset e outros personaxes na súa segunda entrega”.
Coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade local completan este número de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 6.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todolos concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos, descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario na nosa rediseñada web “obarbanza.gal“, onde continúan a aumentar os nosos letores que no último mes superaron a media de 4.189 usuarios únicos/día e que seguen a actualidade da comarca as 24 horas, con xornadas que superan os 5.500 usuarios/día.
Coma sempre xa sabedes que podedes mandarnos as vosas opinións, informacións, colaboracións denuncias e convocatorias a redaccion@obarbanza.gal ou a través de whatsapp 608 240 160.
As nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook, que supera estes días os 4.000 seguidores e twitter.
O noso próximo número sairá a principios de maio co especial Letras Galegas.