O Club Náutico de Rianxo celebrou a súa cea anual de socios

21 Agosto 2019

20190821 O Club Náutico de Rianxo celebrou o pasado sábado 9 de agosto a súa tradicional cea de socios, en palabras da entidade “unha cita clásica dentro do programa de actividades estivais do club”. A xuntanza, á que asistiu unha nutrida representación de membros do Club Náutico, familiares, amigos e seareiros da navegación deportiva e de lecer, contou coa presenza da conselleira de Mar, Rosa Quintana, o decano da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, Julián Álvarez, o xefe de Servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Hugo Vázquez, o comandante do posto da Garda Civil de Rianxo, Primitivo Aliste, ou o inspector xefe da Policía Local, Antonio Tubío, entre outros persoeiros do tecido público e privado local e galego.

O restaurante Tialena de Rianxo foi o lugar elixido para o tradicional encontro. Ás sobremesas o presidente do club, Elisardo Fernández Villanustre, dirixiuse aos asistentes agradecendo a súa presenza no acto, en especial á conselleira Rosa Quintana e demais autoridades. Tamén tivo palabras para lembrar o importante legado do socio fundador da entidade, Ramón Noya, e máis o de Enrique Abuín Queiruga, profesional do club durante moitos anos, ambos recentemente falecidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.