O BNG de Boiro solicita ao goberno a retirada de elementos franquistas no municipio

01 Agosto 2019

20190801. O grupo municipal boirense do BNG presentou un escrito rexistrado hoxe no Concello ante o que consideran un incumprimento da Lei de Memoria Histórica do municipio. Segundo manifesta, actualmente existen diversos elementos patrimoniais que conta con ornamentos pertencentes á ditadura franquista.

Así, fan referencia á Lei 52/2007, de 26 de decembro, e concretamente ao artigo 15.1. que recolle “as administración públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.” Deste xeito, a formación entende que o municipio boirense debe “estar libre de calquera vestixio que represente esa época” e afirma que solicitou en reiteradas ocasións ao anterior goberno que cumprise coa citada lei, retirando calquera símbolo instaurado que puidese ser motivo de ofensa ou desagravio.

Ademais, os nacionalistas apuntan que cada 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, celebran un acto homenaxe ás vítimas de represalias de Boiro, “entendendo este acto como un exercicio máis de Democracia e de conmemoración da nosa veciñanza que sufriu as consecuencias da Guerra Civil ou da represión da Ditadura.”

Por todo isto, requiren que o actual goberno de Boiro tome en consideración a súa petición e proceda, na maior brevidade posible, á retirada de calquera destes vestixios, así como que se “manteña nunhas condicións dignas os monumentos situados no noso municipio de conmemoración das vítimas represaliadas do franquismo, e proceda á limpeza das pintadas que existen a día de hoxe na placa homenaxe situada no Porto de Escarabote.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.