III edición da Travesía a Nado – Illa de Bensa

13 Agosto 2019

20190813.- A III edición da Travesía a Nado – Illa de Bensa vaise celebrar o vindeiro xoves día 15, ás 17:00 horas na praia de Carragueiros. Unha actividade que organiza o Concello de Boiro xunto co Club de Natación Boiro e a Federación Galega de Natación. Á presentación, celebrada esta mañá na Sala de Xuntas do Concello de Boiro, acudiu o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, o presidente do Club de Natación Boiro, José Manuel Romero, e outros membros do club.

Esta proba está integrada dentro do XVI circuíto de Augas Abertas Fegan. Dende o Club de Natación Boiro agardan que a proba sexa un éxito, tal e como declarou o presidente, José Manuel Romero: “vai ser a terceira edición pero a primeira vez que a proba está federada, polo que contamos chegar aos 180 inscritos, o triplo do ano pasado”

A proba vai contar con tres percorridos distintos, un de 3000 metros, outro de 1000 metros e un terceiro de 400 metros. O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, dixo que “ao ter percorridos con distintas lonxitudes pode anotarse persoas de idades moi diversas e participar moita xente, ademais que as augas da praia de Carragueiros son tranquilas e as previsións meteorolóxicas para o xoves son boas”.

O alcalde, José Ramón Romero dixo que “despois do éxito que tiveron as edicións anteriores, agardamos que este ano se repita e esta proba se consolide non noso municipio”. Agradeceu tamén ao Club de Natación por organizar actividades coma esta e fixo un convite a todo o mundo para este xoves xa que “a Travesía a Nado vaise realizar nun lugar moi bonito, que é a Illa de Bensa, polo que animamos a todos a participar e ver a travesía e así coñecer tamén o noso litoral”.

Presentación da III edición da Travesía a Nado – Illa de Bensa

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.