En marcha a web do Pacto dos Alcaldes polo Clima, no que xa se integraron todos os concellos de Barbanza

12 Agosto 2019

20190812 Os concellos da comarca do Barbanza, tanto os da vertente do sur (Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo), como os da beira sur (Porto do Son, Lousame e Noia), forman parte da comunidade de municipios integrados no Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha alianza que, como se indica no seu nome, vai dirixida a facer fronte común, dende a acción local, para encarar os principais retos do quecemento da Terra. Trátase, en definitiva, de facer colectividade a prol da nosa contorna máis próxima e, a partir de aí, do mundo enteiro. A comunidade presentou hoxe a súa web oficial, pactodosalcaldes.gal.

Foi dada a coñecer pola directora xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira.

Alén dos concellos, a Xunta é a coordinadora da iniciativa, impulsada a nivel europeo para implicar ás administracións loita na loita contra o cambio climático.

Ferreira explicou que a páxina é unha ferramenta deseñada co obxectivo de proporcionar aos 313 concellos información de interese para impulsar a súa implicación no Pacto e dar forma aos compromisos que carrexa, así como servir de canle de comunicación entre a Xunta e os municipios adheridos.

Neste sentido, indicou que a páxina “terá un espazo privado reservado para ás entidades que xa estean adheridas e que servirá de canle de comunicación e intercambio de experiencias entre os concellos e a Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes en Galicia, creada pola Xunta o ano pasado para canalizar o seu traballo de coordinación con relación a este movemento”.

maria cruz ferreira presenta en rp o portal web da iniciativa pacto dos alcaldes polo clima e a enerxia

Nestes momentos, explicou, hai xa 121 concellos adheridos formalmente ao Pacto na comunidade (42 da provincia de A Coruña, 25 de Lugo, 38 de Ourense e 16 de Pontevedra ) e outros 32 que están en trámites de adhesión ou contactaron recentemente coa Xunta para interesarse. A directora, a tenor das cifras acadas, mostrouse “moi satisfeita” pola resposta que acadou a alianza dos alcaldes e do compromiso local galego, xa que, salientou, “no primeiro ano da Xunta como coordinadora en Galicia, logrouse sumar a esta iniciativa a 143 entidades locais, 12 delas cunha poboación superior aos 20.000 habitantes e incluídas catro das sete grandes cidades: A Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol”.

A directora xeral lembrou que o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía foi lanzado en Europa no ano 2008, e implica na actualidade a case 10.000 autoridades locais pertencentes a 59 países de todo o mundo. O Goberno galego traballa como coordinadora da alianza na nosa terra coa convicción de “que os retos globais do cambio climático deben afrontarse desde as vilas e as cidades de xeito unido e partindo da premisa pensar global, actuar local”. Neste senso, dixo, é determinante o apoio municipal e da cidadanía para lograr cumprir cos obxectivos que se ten fixado a UE para o ano 2030, que se resumen nun 27% menos de consumo enerxético, un 40% menos de emisións de CO2 e un 27% máis de enerxías renovábeis. Por iso, lembrou que o reto do Goberno autonómico é traballar para lograr a adhesión ao pacto da práctica totalidade dos 313 concellos galegos de aquí a 2020.

A web

A entrada en funcionamento deste novo portal web, tal e como explicou Ferreira Costa, “será clave para impulsar e aplicar o Pacto en Galicia, porque porá a disposición dos concellos os materiais necesarios para aprobar a súa adhesión, un amplo abano de exemplos de boas prácticas para o deseño dos plans de acción, e referencias de liñas de financiamento para a aplicación dos mesmos”.

Ademais, dixo, esta web “fará máis accesíbel a axenda de eventos que se están a realizar para favorecer o intercambio de experiencias entre autoridades locais no desenvolvemento da iniciativa e será o principal vehículo de información e difusión do Pacto en Galicia”. Por outra banda, a páxina terá utilidade tamén para achegar datos á cidadanía, ONG e outro tipo de organismos interesados sobre a situación do Pacto dos Alcaldes en Galicia: número de concellos adheridos, cumprimento dos compromisos, plans de enerxía e clima dos concellos dispoñíbeis, etc.

Outros artigos

“Comunidade de montes” – José Manuel Pena

As Comunidades de montes desenvolven un importante labor social nos espazos rurais, ademais de ser unhas ferramentas comunitarias e veciñais fundamentais para afrontar a realización de diferentes melloras nas parroquias. Para iso necesítase realizar unha boa xestión e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión