Adiante a reforma do Parque da Concordia en Ribeira

02 Agosto 2019

20190802.- Trece son as propostas interesadas nas obras de reordenación do paseo das Carolinas e do entorno do Parque da Concordia na Avenida García Bayón. Onte mesmo a mesa de contratación abriu o primeiro dos sobres no proceso para adxudicar esta estratéxica actuación que dá continuidade á que está a piques de rematar na avenida do Malecón, culminando a remodelación da fachada marítima da cidade. Cómpre lembrar que Portos de Galicia asumíu o financiamento desta obra orzamentada en 578.758 euros, IVE incluído,en virtude do acordo rubricado polo presidente desta entidade, José JuanDurán, e do alcalde Manuel Ruiz no pasado mes de abril: un acordo que encarga que sexa o propio Concello o que licite a actuación ademais de elaborar o correspondente proxecto técnico.De acordo con este documento, preténdese dar prioridade ao peón sobre o tráfico rodado conferindo a este entorno o carácter urbano que lles corresponde. Neste sentido, habilitarase un único carril de circulación en dirección saída, ampliarase a xardineira central e, no que atinxe á parte pegada ás casas, reordenarase esa zona dispoñendo aparcamentos en batería e ampliando o espazo de uso dos viandantes.

Ademais pola banda pegada ao porto crearase un carril bici que una o existente no Touro-Malecón co do paseo de Coroso, de tal xeito que toda a banda litoral da cidade sexa percorrible en bicicleta.

Outros artigos

Unha persoa resulta ferida e excarcerada tras chocar cun poste en Rois

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de intervir en accidente con atrapados no Concello de Rois. Xunto Ges Padrón, 061, Garda Civil e PC Rois. Un condutor tivo que ser liberado do interior do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.