A acción Rede Lila amplíase ás Festas de Verán de Ribeira

01 Agosto 2019

20190801. Ao igual que na Festa da Dorna, a asociación Mulleres en Acción desenvolve durante as Festas de Verán ribeirenses a campaña Rede Lila, unha iniciativa de acompañamento de mulleres. Segundo o colectivo feminista, o obxectivo é contribuír a uns festexos libres de violencia machista.

A Rede Lila funciona a través de mulleres voluntarias, facilmente identificables porque van provistas dun brazalete ou diadema morada que leva a inscrición ‘PUNTO LILA’. Ademais, non hai localización concreta, xa que as voluntarias estarán en distintos emprazamentos da celebración para que, calquera muller que sufra unha agresión machista ou calquera persoas que a presencie, poda poñerse en contacto con elas e pedir axuda. No caso de non haber ningunha preto, tamén se pode contactar por teléfono, chamando ou enviando unha mensaxe de Whatsapp ao 609351063 .

Desde Mulleres en Acción manifestan que esta iniciativa ten unha posible función disuasoria e “pensamos que esta acción contribúe a crear consciencia acerca da importancia da sororidade para desfrutar das festas en pé de igualdade, sen medo e coa seguridade de que vai haber alguén a quen acudir no caso de sentíreste atacada.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.