A acción Rede Lila pretende contribuír a unha Festa da Dorna libre de violencia machista

22 Xullo 2019

20190722. Mulleres en Acción desenvolve a campaña Rede Lila, unha iniciativa de acompañamento de mulleres que funciona ao longo da Festa da Dorna en Ribeira. Desde a asociación feminista indican que pretenden así contribuír a unhas celebracións libres de violencia machista.

A Rede Lila atópase vertebrada por mulleres voluntarias, facilmente identificables porque van provistas dun distintivo morado, brazalete ou diadema, que leva a inscrición ‘PUNTO LILA’. Ademais, non hai localización concreta, pois as voluntarias están en distintos lugares da festa para que, calquera muller que sufra unha agresión machista ou calquera persoa que a presencie, poda poñerse en contacto con elas e pedir axuda. No caso de non haber ningunha preto, tamén se pode contactar por teléfono, chamando ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao 609351063.

Segundo Mulleres en Acción, esta iniciativa ten unha posible función disuasoria e “pensamos que esta acción contribúe a crear consciencia acerca da importancia da sororidade para desfrutar das festas en pé de igualdade, sen medo e coa seguridade de que vai haber alguén a quen acudir no caso de sentíreste atacada.” Así mesmo, expresan o seu agradecemento pola resposta da mocidade ribeirense, xa que apuntan que foron numerosas as mozas que se ofreceron para colaborar nesta acción, resultando “moi gratificante para nós ver este grao de implicación na xente nova”; e tamén ás mozas das peñas dorneiras pola súa implicación

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...