Rianxo obtén axudas para impulsar un punto limpo móbil

10 Xullo 2019

20190710 Unha trintena de entidades locais galegas, entre as que se contan os Concellos de Rianxo e Porto do Son, recibirán este ano 824.195 euros en axudas para a instalación de puntos limpos móbiles locais e impulsar accións que permitan mellorar a recollida selectiva de lixo orgánico. Esta liña dupla de apoios foi dada a coñecer hoxe pola Consellería de Medio Ambiente.

No que se refire á segunda vertente de subvencións, a de mellorar a recollida do orgánico, a Consellería fixo saber que as entidades beneficiarias poderán dotarse de contedores de proximidade de cor marrón (o chamado “quinto contedor”) e dos equipamentos necesarios para a súa instalación. Para quen non o saiba, dicirlle que o contador marrón está destinado a materia orgánica, polo que servirá para acubillar a maior parte dos restos de comida que produce un fogar, o que pode chegar a constituír o 40% do lixo xerado.

Polo que respecta á implantación de puntos limpos móbiles, Medio Ambiente subliñou que se van achegar axudas a dúas ducias de administracións de carácter municipal e supramunicipal, cun investimento neste capítulo de 647.000 euros. Con estas accións, optimizaranse a ampliaranse os servizos prestados pola rede galega de puntos limpos de Galicia (composta actualmente por 147 infraestruturas fixas) para a xestión de refugallos especiais de competencia municipal, “co fin de favorecer a súa adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización”. Tanto Rianxo como Porto do Son serán obxecto destas axudas en concreto.

Segundo engade Medio Ambiente, en ambas liñas os beneficiarios deberán acompañar a implantación de medidas prácticas con campañas de difusión e sensibilización que incentiven a participación cidadá e a súa concienciación en materia de separación de residuos e reciclaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...