Piden 9 anos por presunta agresión á secretaria da Confradía de A Pobra

06 Xullo 2019

20190706.- Un acusado será xulgado o próximo venres en Santiago por un incidente acontecido en xuño de 2016 cando orixinou un altercado na Confraría da Pobra de Caramiñal para que lle retirasen unha sanción administrativa.

O individuo agrediu a varias persoas entre elas a secretaria do depósito a quen dunha puñada a deixou cega dun ollo o rebentarlle o globo ocular . A fiscalía solicita 9 anos de cárcere e 124.000 euros de indemnización para a secretaria. Segundo relata o escrito da fiscalía o home presentouse na confraría para ameazar ao vixiante con que ía ir a por el se non lle retiraba unha sanción administrativa de 500 euros. Cando chegou o vixiante discutiron sobre a multa e finalmente o acusado empuxouno e agrediuno con patadas. Ante a situación presentouse o biólogo do depósito que se interpuxo entre os dous e conseguiu levar ao agresor ata a porta si ben se soltou e foi entón cando o procesado se botou sobre o guardapesca lanzando unha puñada que lle rozou a parte inferior do beizo, pero que impactou no rostro da secretaria.

A muller empezou a queixarse dunha forte dor no ollo dereito que sangraba abundantemente. Como consecuencia da agresión, a secretaria sufriu unha perforación no ollo que necesitou tratamento cirúrxico e mais de 300 días de curación deixandolle secuelas de perda de visión e con incapacidade parcial para a súa actividade profesional.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.