Pancho Varona, lenda da música española, toca este 9 de agosto en Boiro

31 Xullo 2019

20190731 Francisco José López Varona, máis coñecido como Pancho Varona, estará este mes de agosto en Boiro, na Pousada da Galiza Imaxinaria, para ofrecer un repaso musical polo seu importante legado artístico, feito a título persoal e, tamén, a través das súas múltiples colaboracións con xigantes da música como Joaquín Sabina, Ana Belén ou Estopa.

O concerto de Boiro, previsto para este 9 de agosto as 23 horas (con entrada anticipada a 14 euros), forma parte dunha xira, a xira Ruta 52, que está a levar ao músico madrileño pola totalidade das provincias da xeografía estatal (e as dúas cidades autónomas).

O itinerario, que arrincou o 6 de decembro de 2018, é unha volta musical a España, facendo recaladas en clubs de pequeno e mediano tamaño, íntimos e recollidos, e que non só inclúen capitais de provincia, senón tamén cidades e xeografías que non adoitan a copar grandes titulares nos medios de comunicación nin as follas de ruta das máis multitudinarias xiras musicais. Musicalmente, os concertos da Ruta 52 inclúen múltiples temas que Pancho Varona compuxo con artistas como Joaquín Sabina ou para Luz Casal, Miguel Ríos, Ana Belén, Christina Rosenvinge, Ana Torroja ou Hombres G.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.