Os pobrenses contarán coa apertura da Casa da Mocidade en outono

31 Xullo 2019

20190731. A Pobra do Caramiñal contará este outono coa Casa da Mocidade completamente rematada. Para lograr este obxectivo, estase habilitando a primeira planta do antigo restaurante O Lagar, edificio alugado polo Concello para uso sociocultural e cuxa planta baixa alberga o espazo de coworking dispoñible desde o verán de 2017 cunha capacidade para acoller a dez emprendedores. O alcalde pobrense, Xosé Lois Piñeiro, manifestou que se decantaron por ese lugar porque “decidimos facer a Casa da Mocidade tamén un pouco vinculada ao coworking porque o noso desexo é que alí, algunha vez, teñamos un traballador ou traballadora do Concello que estea atendendo todo o que temos pensado desenvolver nese edificio.”

Desta maneira, o inmoble de 265’40 metros cadrados dividirase en catro áreas principais. A multiusos de 108’80 metros cadrados estará dedicada ao ocio, actos culturais e calquera evento que poda deseñar e pensar a propia xuventude e, incluso, que poidan propoñer desde os distintos departamentos do Concello, principalmente a Concellería de Mocidade, pero tamén pode ser a de Cultura ou calquera outra que decida facer algunha actividade alí para a xente moza. O rexedor expresou que ten que ser “unha sala multiusos que permita a diario un uso recreativo e, cando haxa actividades que necesiten máis espazo, que se poda deixar libre para concertos, obras de teatro ou o que sexa. Que sexa unha sala que nos dea bastante xogo nese sentido. Está pensada para que funcione desa maneira.” Na sala de traballo de 24’55 metros cadrados, que funciona tamén como aula de informática libre con wifi, os usuarios poderán estudar, reunirse, levar os seus propios ordenadores ou facer uso duns cantos que lles prestará o Concello. Esta decisión vén dada porque “nunha reunión que tivemos con mozos e mozas, o que nos dixeron foi que non querían unha sala de informática ao uso porque case todos xa teñen o seu ordenador ou o móbil e que preferían mesas libres para poder traballar.” Na zona de FabLab, de 45’30 metros cadrados, situaranse unha serie de ferramentas e maquinaria relacionada coa fabricación e elaboración de materiais por parte dos usuarios. Así, unha parte será máis tecnolóxica con impresoras 3D e equipos máis modernos; e a outra contará con material típico dun taller. De feito, neste último espazo xa houbo un grupo de rapaces interesados. Na cuarta sala, a cal tamén estaba pensada para o FabLab e de 28’25 metros cadrados, localizaranse algunhas máquinas que resulten molestas acusticamente ou produzan gases, polo que se manterá máis illada, servindo tamén de almacén do propio FabLab ou mobiliario da multiusos cando se precise que estea despexada. Así mesmo contará con aseos de 23’40 metros cadrados, co propósito de facer un deles accesible. Tamén está pendente dotar ao edificio dun ascensor que abrirá directamente ao corredor de entrada de 35’10 metros cadrados da Casa da Mocidade.

A intención do Concello é acabar adquirindo a totalidade do antigo restaurante, co cal disporían a maiores dunha cociña e dun despacho. Segundo manifestou o alcalde, tentarán efectuar a compra antes de que conclúa o ano, polo que a cociña se incorporaría vinculada á formación e á posible aprendizaxe mediante cursos. A pesar de que estaría aberta a outros usos, sería un complemento máis para a xente moza.

Os traballos de tabicado e instalación eléctrica xa están finalizados, polo que só queda a dotación de mobiliario e equipamento. A Concellería de Mocidade, delegada no edil José Andrés Lojo Fernández, será a encargada de administrar este recinto.

O custe total da actuación ascende a 110.580’83 euros, dos cales a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa subvenciona o 68’3%, correspondéndose con 75.526 euros.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.