O día máis agardado polas peñas de Boiro

08 Xullo 2019
Cedida por Peñas Boiro

20190708. As Festas de Verán boirenses céntranse hoxe no ‘Día das Peñas’ cunha programación do máis variada no Parque da Cachada. As peñas xuntaranse ás 11.30 horas para, ás, 12.00, comezar cos xogos e xa ao mediodía, ás 13.30, toca mollarse na festa da auga con mangueirazo de honra a cargo da deportista Ana Bugallo e sesión musical. Pero este festexo non é só para os máis maiores, os pequenos da casa tamén poden introducirse no mundo peñeiro con xogos específicos para eles, ás 12.00, nun emprazamento diferenciado do elixido para os adultos, apelando á responsabilidade dos proxenitores.

Respecto do consumo de alcohol, os carteis fan indicacións específicas de beber con moderación e responsabilidade, así como a prohibición do consumo por parte de menores de idade. Deste xeito, haberá que pasar por dous filtros para consumir bebidas alcohólicas. Primeiro, só os maiores de idade poderán adquirir o boleto que lle permita pedir as consumicións na barra instalada no parque e, segundo, na propia barra pedirán o documento de identidade para verificar a idade a data de nacemento.

A noite estará amenizada polas orquestras Finisterre e El Combo Dominicano na praza de Galicia.

Cedida por Peñas Boiro
Cedida por Peñas Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.