Licitada a pavimentación e renovación de servizos nas ribeirenses rúas Escorial e Pérez Galdós

16 Xullo 2019

20190716. O Concello de Ribeira informa da licitación das obras para a pavimentación e renovación de servizos das céntricas rúas Escorial e Pérez Galdós, ambas situadas na cidade.

O orzamento desta actuación ascende a 132.788’55 euros, IVE incluído, e o seu prazo de execución son catro meses.

Na actualidade, sinalan que o pavimento en ambas vías está construído en formigón e observan danos importantes no seu firme. En canto ás súas instalacións, indican que as redes de saneamento e pluviais están formadas por tubaxes en mal estado, obxecto de arranxos periódicos.

O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais prevé, entre as accións, colocar un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro e lonxitude de 185 metros, con pozos de rexistro cada 35 ou 40 metros e conexión cos colectores existentes, así como a renovación das acometidas ás vivendas. Tamén se disporá polo centro das rúas de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 189 metros de longo e pozos de rexistro, do mesmo xeito que se instalarán sumidoiros cada 20 metros aproximadamente e pozos de rexistro nos cruces dos colectores, efectuando acometidas de pluviais ás vivendas. Ademais, empregarase pavimento de formigón pulido de 20 centímetros de espesor, intercalado con lousas de granito.

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen de prazo ata o 5 de agosto.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...