Estréanse en Boiro os cursos de vela co-impulsados pola Deputación

01 Xullo 2019

20190701 A Deputación da Coruña pon en marcha hoxe o primeiro dos seus cursos de vela para este verán. O emprazamento da estrea da campaña formativa é o litoral do concello de Boiro. Máis tarde, os eixos do programa irán desprazándose a Outes, Fisterra, Malpica e A Coruña. Os cursos de navegación a vela vanse desenvolver durante os meses de xullo e agosto (até o día 9). En total participarán 240 nenas e nenos das diferentes comarcas onde se vaian desenvolvendo as xeiras marítimas.

Este programa é froito dun acordo asinado entre a entidade provincial e a Federación Galega de Vela. A alianza formalizouse a semana pasada, coa sinatura dun contrato na que participaron o deputado de Contratación, Xesús Soto, e o representante da entidade deportiva, Manuel Villaverde.

Nos cursos, que terán unha duración de cinco días en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.