Este domingo celebrarase a XVI Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo

24 Xullo 2019

20190724. O Curral do Marqués acolleu hoxe a presentación da XVI Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo. A proba arrancará este domingo 28, ás 12.00 horas, co inicio da regata e saída da primeira quenda. Ás 13.00 horas procederase a concederlle a Bandeira ao vencedor, entrega que se realizará no mar.

O alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, incidiu na importancia que o remo ten na vila, destacando o apoio que recibe o Club de Remo por parte do Cabido.

O presidente do Club de Remo Rianxo, Ramón Vicente, explicou que o percorrido será de 5.556 metros, repartidos en catro longos, con tres ciabogas e en liña. Ademais, a proba estará composta por tres quendas e a clasificación final establécese por tempos, gañando a Bandeira a embarcación que acade o mellor dato, independentemente da quenda.

Cabe destacar que o Club de Remo Rianxo contará cunha nova traíña, unha amilibia, coa cal disputará a regata e que foi cedida polo Concello para mellorar a calidade dos adestramentos e competicións.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.