Cabo de Cruz acollerá este xoves o Campionato Galego de Traíñas

22 Xullo 2019

20190722. O Campionato Galego de Traíñas 2019 celebrarase en Cabo de Cruz o xoves, 25 de xullo, a partir das 11.00 horas. Deste xeito, é a sexta edición para a categoría feminina e a trixésimo sexta para a masculina.

Daniel Vázquez, presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, indicou que a proba realizarase no peirao de Cabo de Cruz, con 4 longos e en liña. O campo está orientado de norte a sur e en liña paralela ao novo porto. Como dato destacable, este ano non dispoñen das instalacións pois estase co proxecto da nova sede, polo que “se trasladará a loxística dos remeiros e desprazamento ata a nova sede que temos provisional en Curbela.”

José Manuel Seijas, presidente da Federación Galega de Remo, apuntou que na modalidade absoluta feminina participarán 7 clubs, mentres que na absoluta masculina serán 16. Tamén sinalou que “os dous mellores clasificados por autonomía acceden ao Campionato de España” que se celebrará en Meira-Moraña o 3 e 4 de agosto.

José Luis Ruiz, tenente de alcalde de Boiro, expresou o seu agradecemento ao Club de Remo Cabo de Cruz e á Federación Galega de Remo pola organización deste campionato. Pola súa parte, o Concello boirense “ten previsto encargarse da seguridade e da organización do tráfico.” Así mesmo, agradeceu o entendemento e predisposición dos veciños que residen preto do lugar onde se celebrará a proba. Ademais, desexoulle “aos anfitrións, ao equipo da casa, o mellor dos resultados en ámbalas probas.” Por último, manifestou que o equipo de goberno actual “segue con interese as obras do novo espazo dedicado ao Club de Remo Cabo de Cruz, proxecto que comezou co antigo equipo de goberno, pero nós seguimos moi de preto como se están a desenvolver esas obras. Tanto pola nosa parte coma pola parte da empresa estamos intentando adiantar os prazos todo o que podemos. E que non estea hoxe aquí facendo esta presentación o propio alcalde é porque se atopa neste momento facendo xestións encamiñadas a poder acelerar os prazos de construción dese ansioso edificio.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.