As rúas de Ribeira prepáranse para o estoupido dorneiro do 18

15 Xullo 2019

Ribeira respira estes días un ambiente de expectación que é coma o calmizo (relativo) antes da treboada. E a treboada chámase Festa da Dorna. Á espera do comezo oficial das actividades, este 18 de xullo, quen queira ver como se vai formando o furacán (galerna de toda a vida ou cicloxénese super-explosiva) festeiro pode velo en múltiples detalles.

Por exemplo nas flores dorneiras que engalanan tendas, chaquetas e automóbiles, no esforsado taller-estaleiro dorneiro (a carpa multiusos da praza de España, onde están acoller forma os vehículos e barcos feitos a machada que participarán nas diferentes competicións) ou nos adobíos que reciben aos clientes nas tendas colaboradoras de Ribeira, tanto nos escaparates coma á beira mesma das portas, a xeito de recibimento de dous sentidos: entrando e mercando nestas tendas estaremos apoiando directamente o comercio local e, indirectamente, o presente e o futuro da Festa da Dorna.

Por certo que quen queira participar no concurso de escaparates dorneiros, pode facelo a través do documento en liña habilitado.

Respecto do programa do día 18, as actividades comezarán sobre as 18.30 no parque García Bayón, a carón da Galeguiña, onde os locais co distintivo de Profesional Dorneiro oficiarán á súa maneira de inauguradores. Logo será a quenda dos decibelios, co concerto de De Vacas ás 21.15 horas no escenario do sol, o percorrido do Facho Dorneiro a partir das 22.35 horas e Seremonia de Inisiasión ás 23.00 horas, na porta do Sol. O programa da primeira xornada complétase coa macroqueimada dorneira ás 23.20 horas e o concerto de Sés ás 23.40 horas, tamén no escenario do Sol.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...