Arrancan as Festas de Verán de Ribeira

31 Xullo 2019

20190731. Hoxe comezan as Festas de Verán de Ribeira e esta mañá, na avenida do Malecón e na zona portuaria, predominaba o afán por rematar os labores de montaxe das atraccións e postos.

A xornada empezou ás 09.30 horas con 21 bombas de palenque anunciando o comezo do día para, ás 11.00 horas, dar paso ás diana e alboradas percorrendo as rúas a cargo dun grupo de gaitas. Ás 12.00 horas, a Tenda-Galería O Faiado abriu unha exposición colectiva de pintura e escultura de Fernando Rey, Óscar Cabana e Antonio Souto; mentres que os máis pequenos desfrutaban na praza do Concello do espectáculo de maxia ofrecido por Álex Louzao, xa que o mago Xacobe non puido por motivos de saúde.

Xa pola noite, ás 22.00 horas, o balcón do Concello será o escenario onde teña lugar o pregón a cargo do actor Luis Iglesia, coñecido por series coma Matalobos ou Pazo de Familia e habitual na Mostra de Teatro de Ribeira.

E como non podía ser doutro xeito, toca bailar e desfrutar da música. Para que isto suceda, terá lugar a actuación, ás 22.30 horas, da orquestra Kubo na praza de España, celebrándose o segundo pase ás 01.00 horas. Ademais, o Malecón acollerá o concerto tributo a El Último de la Fila por parte de Los Aviones Plateados programado para as 00.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.