A Pobra celebrará esta fin de semana as festas do Carme do Castelo

17 Xullo 2019

20190717. A festividade do Carme do Castelo chega á Pobra do Caramiñal do 19 ao 21 de xullo. A actuación musical de Mekanika o venres 19, ás 23.00 horas, na praza do Emigrante marcará o inicio desta cita.

O sábado 20 desenvolverase un amplo abano de actividades. A xornada empezará, ás 10.00 horas, con pasarrúas e alboradas coa Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, Os Caraveiros, Arume e Xiada. Ás 12.00 horas terán lugar os pasabares con Aixola para, ás 13.00 horas, dar paso ao concerto da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra nos xardíns de Valle-Inclán. Xa á tardiña, ás 20.00 horas, a música tradicional correrá a cargo da Asociación Cultural de Gaitas Xiada e Pandereteiras Ruadiña na praza Rosalía de Castro e, ás 20.30 horas, na rúa da Feira. Asemade, de 20.00 a 21.00 horas, a música e baile tradicional inundará a praza Victoriano García Martí, xardíns Valle-Inclán e praza Paulino Santos Mieites a cargo da Asociación Cultural Arrancadeira, Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas e Agrupación Folclórica Xilbarbeira. Ás 21.00 horas toca achegarse ata a Covecha para desfrutar da sardiñada para despois acudir ao concerto da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra no Cantón da Leña, ás 22.00 horas. Para rematar o día, terán lugar dúas actuacións musicais simultáneas xa que, ás 23.00 horas, a Covecha acollerá o V Festival Folk con Faíscas da Pontraga e Os Liantes, mentres que a praza Maior servirá de escenario para a verbena co Grupo Dilema.

A mañá do domingo 21 espertará, ás 10.00 horas, ao son de pasarrúas e alboradas a cargo da Escola de Música de Rianxo, Trécola, Chorimas, Os Caraveiros e Xiada. Ás 12.00 horas haberá pasabares a cargo de Aixola para, ás 13.00 horas, desfrutar do concerto da Escola de Música de Rianxo nos xardíns de Valle-Inclán. Pola tarde, ás 19.00 horas, oficiarase a Misa solemne na Igrexa Parroquial de Santiago da Pobra do Deán na honra da Virxe do Carme, cantada polo coro parroquial Abrente. A continuación, sairá a procesión acompañada da banda da Escola de Música de Rianxo e os grupos Trécola, Os Caraveiros, Xiada, Arrancadeira, Caramiñas e Xilbarbeira ata a zona portuaria para seguir coa procesión marítima a bordo dun catamarán, como ofrenda por tódolos falecidos no mar. Na noite, ás 22.30 horas, a Orquestra Ceniza asumirá o rol de poñer a todo o mundo a bailar na praza Alcalde Segundo Durán.

Ademais, do 12 ao 20 de xullo celébrase a novena, ás 20.00 horas, na Igrexa Parroquial de Santiago da Pobra do Deán.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.