Xosé Lois Piñeiro continúa na alcaldía pobrense co apoio do PSdeG-PSOE

15 Xuño 2019

No escenario político da Pobra do Caramiñal non houbo sorpresas. Xosé Lois Piñeiro García, de Nós Pobra, acadou o bastón de mando co apoio do seu partido e do PSdeG-PSOE liderado por Patricia Lojo Nine. Pola súa parte, Ramiro Ouviña Ouviña, do BNG, e Manuel Durán Guillán, do PP, postuláronse á alcaldía e obtiveron o apoio das súas respectivas formacións.

A pesar de que non chegou por unha acta á maioría absoluta estipulada en 7, Xosé Lois Piñeiro foi proclamado alcalde ao ser o cabeza de lista da forza máis votada nas eleccións do pasado mes de maio. Así, agradeceu todo o apoio recibido tanto por parte da xente coma dos seus compañeiros da agrupación, así como dos socialistas pobrenses cos que formará un goberno de coalición.

Acadan a súa acta de concelleiros e, polo tanto, pasan a formar parte da corporación municipal: Rosario Varela Fernández, José Carlos Vidal Suárez, María Genoveva Hermo Santos e José Andrés Lojo Fernández, de Nós Pobra; Manuel Durán Guillán, Francisco Javier Otero Maceiras, Jesús Dieste Buceta, María González Santos e Mª Beatriz Martínez Outeiral, do PP; Ramiro Ouviña Ouviña e Mª Cristina Andrade González, do BNG; e, Patricia Lojo Nine, do PSdeG-PSOE.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.