Os populares da Pobra explican a sĂșa postura de cara a investidura

11 Xuño 2019

O PP pobrense encabezado por Manuel DurĂĄn obtivo nos comicios municipais do pasado mes de maio 5 escanos con 1.968 votos, a 51 papeletas da lista mĂĄis votada que resultou ser a de NĂłs Pobra. Agora e a cinco dĂ­as da constituciĂłn da nova corporaciĂłn, a formaciĂłn afirma que seguen intentando abrir vĂ­as de diĂĄlogo e negociaciĂłn co BNG e PSdeG-PSOE co obxectivo de “promover tanto unha alternativa de investidura como para garantir un goberno estable, que permita un futuro mellor para os nosos veciños e o noso municipio” despois dos catro anos de “ineficiente goberno por parte de NĂłs Pobra.”

TamĂ©n indican que as conversas mantidas cos nacionalistas e socialistas “non deron froitos satisfactorios”, especialmente cos primeiros, aĂ­nda que agardan que ata o sĂĄbado cheguen a un consenso para propoñer o que consideran unha alternativa.

AsĂ­ mesmo, deducen que as dĂșas opciĂłns posibles son que goberne NĂłs Pobra como lista mĂĄis votada ou buscar un goberno alternativo. Por iso, estiman que “Ă© a nosa responsabilidade cambiar estes catro anos de xestiĂłn de NĂłs Pobra, os cales pensamos que non foron todo o eficientes que deberĂ­an ser.” Deste xeito, apelan tanto ĂĄ xenerosidade coma ĂĄ responsabilidade, asĂ­ como ĂĄs manifestaciĂłns destes Ășltimos catro anos sobre o goberno de NĂłs Pobra, na que “tĂłdolos partidos da oposiciĂłn coincidimos en que non foron os mellores.”

Finalmente, afirman que a situaciĂłn establece que “Ă© o BNG o que ten a responsabilidade de decidir a alcaldĂ­a e quen vai xestionar o noso concello nos prĂłximos catro anos; se queren permitir que sigan gobernando como ata o de agora ou buscar un cambio”, amosando a sĂșa disposiciĂłn a consensuar e negociar co resto de formaciĂłns polĂ­ticas esa alternativa de goberno ou de investidura.

Outros artigos

O Cantón da Leña convértese nun mercado de Nadal a ceo aberto

A iniciativa De tendas no Nadal desenvolverase nesta época festiva no Cantón da Leña da Pobra e contarå coa participación de oito postos do comercio de proximidade dedicados, principalmente, å artesanía, moda e alimentación; representados no acto de presentación...

+


Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plåcidamente en una butaca y mås que soñar me pongo a mirar atrås, muchos años atrås, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de loterĂ­a polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os dĂ­as previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebraciĂłns, se amplĂ­an de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...