Máis da metade dos participantes nos 100 dos International Trekkers foron quen de cruzar a liña de meta

24 Xuño 2019

20190624 Malia non ser un proba competitiva, sempre hai unha gran curiosidade colectiva por coñecer os nomes das persoas que son quen de cruzar a liña de meta de Os 100 dos International Trekkers: as que foron quen de chegar ao remate da gran camiñada (que xa é bastante, e máis se temos en conta que se trata de percorrer a pé cen quilómetros por terras de Barbanza en só 24 horas) e as que tiveron a capacidade de chegar á cabeza do grupo, coma se dun simple paseo se tratase. A a ultra-andaina de camiñantes máis longa (son 100 quilómetros), máis completa e probabelmente máis famosa de cantas se celebran en Galicia, desenvolveuse esta finde, a cabalo entre o sábado e o domingo. O primeiro en chegar foi Francisco Vilasoa, da Pobra, que fixo o percorrido en 10 horas e 41 minutos, un tempo que supera en máis de unha hora a marca acadada polo gañador da convocatoria 2018.

Logo foron chegando, nesta orde, Fernando Álvarez, Francisco M. Méndez, Raul Iglesias e Arturo Piñeiro. O clima non acompañou: ás condicións propias dun clima que é case de montaña (o da serra de Barbanza) houbo que engadir unha temperatura nocturna moito máis baixa do normal para o que acostuma darse na recta final de xuño, ao que cómpre engadir a presenza dun manto de néboa que acompañou aos camiñantes durante boa parte do percorrido. A maiores, o forte vento reinante obrigou aos ultratrailers a empregárense a fondo para completar o itinerario.

Arredor de cen participantes dos 276 que saíron de Ribeira o sábado pola tarde tiveron que abandonar a proba.

Porén, non todo foron dificultades e atrancos extra. Este ano, para garantir a máxima participación, os organizadores apostaron por principiar en terreo doado, máis ou menos a primeira parte do trazado, deixando a faena (o monte en si mesmo) para a segunda metade da andaina.

A experiencia foi un continuo discorrer montañeiro polos principais espazos naturais e paisaxísticos dos sete concellos: Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Porto do Son, Lousame e Noia. A saída efectuouse ás 16.00 horas dende a praza de España de Ribeira e a chegada o domingo pola tarde, no pavillón deportivo de Coroso de Ribeira.

Os 100 dos International Trekkers é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 quilómetros a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...