Fin de semana cultural en Rianxo

20 Xuño 2019

20190620. O concello rianxeiro converterase do 21 ao 23 de xuño nun fervedoiro cultural grazas a unha ampla programación. O venres, 21 de xuño, celebrarase o ‘90 Aniversario da escola Rosalía de Castro de Taragoña’ organizado pola escola Rosalía de Castro, as ‘Festas do San Xoán de Buía-Araño’ organizadas pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia e a ‘Festa fin de curso’ organizada pola Asociación Rock in Rian.

O sábado, 22 de xuño, terá lugar a ‘I xornada medioambiental’ organizada pola Asociación Ondiñas Mainas, o ‘90 Aniversario da escola Rosalía de Castro de Taragoña’ organizado pola escola Rosalía de Castro, as ‘Festas do San Xoán de Buía-Araño’ organizadas pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia, a ‘Mostra de teatro’ organizada pola Escola de Teatro Airiños coas obras Xogamos a …? de Teatrinclis de Airiños e Unha de contos descontados do Grupo das 5.30, e o ‘Serán de Rianxo’ organizado pola Asociación Vai de Roda.

O domingo, 23 de xuño, desfrutarase do ‘90 Aniversario da escola Rosalía de Castro de Taragoña’ organizado pola escola Rosalía de Castro, a ‘Festa do Santísimo Sacramento’ coa confección das tradicionais alfombras florais organizada pola comisión de festas e o ‘Concerto de fin de curso’ das aulas musicais da Uned Senior ás 18.30 horas no Centro Social do Liceo de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.