CCOO insta ao Sergas a cubrir as ausencias en atención primaria na área Santiago-Barbanza

26 Xuño 2019

20190626. A Federación de Sanidade de CCOO esíxelle ao Sergas a cobertura das ausencias en atención primaria na área de Santiago-Barbanza, “dado o incremento das necesidades asistenciais nesta época do ano.” Segundo o sindicato, as localidades costeiras e os concellos atravesados polo Camiño de Santiago ven duplicada a súa poboación durante o verán, situación “especialmente notable” en Muros, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Melide ou Arzúa.

Así mesmo, CCOO-Sanidade pide que “a cobertura se faga, preferentemente, mediante persoal eventual e non a través da fórmula da intersubstitución, xa que hai aspirantes dispoñibles nas listaxes públicas e evítase saturar as axendas do persoal que permanece no centro.”

Desde o sindicato defenden que o criterio é o mesmo que recolle o Acordo sobre determinadas condicións de traballo e retributivas do persoal das unidades e servizos de Atención Primaria, publicado no Diario Oficial de Galicia do 16 de xuño de 2008. O texto “dá preferencia” ao chamamento de aspirantes das listaxes de vinculación temporal; “só en último caso alude á intersubstitución, que en todo caso será voluntaria” e recalcan que “esiximos que se cumpra o acordado.”

Ademais, CCOO-Sanidade critica que “hai anos reforzábanse os equipos de Atención Primaria con médico e enfermeira de desprazados, agora non só non se reforzan, senón que nin sequera cobren os profesionais que van de vacacións.” Finalmente, apuntan que todo isto “deteriora a calidade da asistencia sanitaria, ao diminuír aínda máis o tempo de atención a cada doente e aumentar a penosidade laboral dos equipos de atención primaria, que xa deben lidar a diario con outro problemas, como son a carencia de recursos materiais, cotas de pacientes excesivas e, no caso da enfermaría, un aumento de tarefas e funcións respecto das que antes se facían.”

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Martes 16, brétemas costeiras e nubes e claros

A inestabilidade atmosférica continuará este martes nas Rías Baixas e en Santiago, cunha xornada marcada polas brétemas costeiras e polos intervalos de nubes e claros no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou mesmo rexistrarán un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...